Verba

Verba
[PUBLIC]

Revista de carácter lingüístico editada en Santiago de Compostela a partir de 1974. Fundada por profesores vinculados á Universidade de Santiago de Compostela e ao ILG, e dirixida por Constantino García, subtitulouse “Anuario galego de filoloxía”. De periodicidade anual, nas súas páxinas alternan estudos de filoloxía galega (fonética, morfoloxía, sintaxe, onomástica, etc) con temas de lingüística española, portuguesa, francesa, italiana ou románica en xeral. Tamén dedicou números especiais e monográficos a elementos lingüísticos relacionados co galego, como a gheada, o seseo, a toponimia ou a onomástica. Contou coas colaboracións de destacados especialistas estranxeiros sobre temas de lingüística románica, ademais dos principais filólogos especializados nas linguas castelá, galega e portuguesa. Dispón dunha colección de Anexos dos que se publican dous ou tres cada ano e que dan cabida a a traballos que, pola súa extensión, sobrepasan os moldes dun artigo. A lingua oficial da revista é o galego pero tamén inclúe artigos doutras linguas nas colaboracións como o español, portugués, alemán ou francés.

Palabras veciñas

veratro | veraz | verba | Verba | verbal | verbalismo | verbalista