Vergara Vilariño, Fiz
Vergara Vilariño, Fiz
Poeta. Membro do colectivo Cravo Fondo, na súa obra poética inicial amosou un compromiso coa realidade social do momento, que logo derivou cara a composicións de carácter amoroso, existencial e intimista. Da súa primeira etapa destacan Pra vós (1971) e Encontro cos tiburós (1973). Desde Orfo de ti en terra adentro (1976) percíbese xa certo intimismo, que confirmou en Poeta muiñeiro á deriva (1982), Nos eidos da bremanza (1990), Pastora de sorrisos (1993) e o póstumo Animal sen fel (1998). Foi galardoado co Premio da Crítica Galicia (1991).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Santalla de Lóuzara, Samos -
Deceso