vermétido -da
vermétido -da
(< lat científico Vermetus,xénero de moluscos)
-
adx
Relativo ou pertencente aos vermétidos.
-
s
m
[ANIMAL]
Gasterópodo da familia dos vermétidos.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Familia de gasterópodos prosobranquios á que pertencen as especies do xénero Vermetus, todas de cuncha tubular cunha espiral enrolada, que lles fai semellantes a algúns poliquetos serpúlidos, e con abertura da cuncha, circular e pechada por un opérculo redondo. Viven adheridos ás rochas do litoral dos mares cálidos e temperados.