versión

versión

(

  1. s f [LIT]

    Tradución dun texto dun idioma orixinal a outro idioma, que é distinto do primeiro.

  2. [IMAX]
    1. s f

      Adaptación dun filme a outra lingua distinta da orixinal en que se traduce o diálogo, que posteriormente será dobrado, co que se constitúe o guión falado. Tradúcese por medio da visualización do diálogo en forma de subtítulos, isto é, en versión subtitulada.

    2. versión subtitulada

      Adaptación dun filme conservando a audición da súa lingua orixinal e traducindo os diálogos, que aparecen na pantalla en forma de subtítulos.

  3. s f
    1. Cada un dos diferentes xeitos de referir, de interpretar ou de presentar unha cousa.

    2. Cada un dos estados dunha obra literaria ou artística que sufriu modificacións.

  4. s f

    Cada unha das interpretacións dun tema artístico ou dunha composición musical.

  5. s f

    Adaptación dunha obra literaria, dun feito histórico, social ou político ao cine, ao teatro, etc.

  6. s f [MED]

    Operación manual que consiste en variar a presentación do feto para facilitar o parto.

  7. s f [PAT]

    Desviación dun órgano contra adiante, contra atrás ou contra os costados.

Palabras veciñas

versificador -ra | versificar | versilibrismo | versión | 1 verso | 2 verso | versor