1 verso

1 verso

(

    1. s m [LIT]

      Sucesión de pés métricos na poesía cuantitativa e de sílabas ordenadas segundo un determinado número e un certo ritmo na poesía moderna, que se escribe nunha soa liña e que, combinada con outras sucesións semellantes, forma un poema. Mídese o verso segundo a cantidade silábica nos versos métricos da poesía clásica grega e latina; segundo o número de sílabas, nos versos silábicos das linguas románicas; e, segundo a acentuación, nos versos rítmicos das linguas xermánicas. O estudo da estrutura, o ritmo e as combinacións dos versos pertencen á métrica. Os criterios de clasificación dos versos en galego está baseado na rima e establécese segundo o número de sílabas. No primeiro caso, cómpre mencionar o verso rimado e os versos desprovistos de rima: este é o caso do verso branco, rematado sobre todo en palabra grave e que forma parte dunha combinación métrica integrada por versos da mesma categoría; o verso solto, variedade italiana do branco usada de xeito regular ou variable en series de hendecasílabos, hexasílabos e cuadrisílabos, dunha soa clase ou en combinación; e, sobre todo, desde os posrománticos, o verso libre, ou sexa, de metro desigual entre eles e rima ad libitum. A clasificación máis corrente está baseada na medida silábica. Os versos dunha sílaba ou monosilábicos, de dúas e de tres, poucas veces forman combinacións métricas propias. A partir do cuadrasílabo os versos teñen unha entidade ben definida, en canto á aptitude e autonomía para a formación estrófica.

    2. verso de arte maior [LIT]

      Verso que ten máis de oito sílabas.

    3. verso de arte menor [LIT]

      Verso que non ten máis de oito sílabas.

    4. verso de gaita galega [MÚS]

      Verso que adopta o ritmo popular da muiñeira.

  1. s m
    1. [LIT]

      Maneira como está escrita unha obra, en oposición a prosa.

    2. [LIT]

      poema.

    3. [RELIX]

      versículo.

Audio :

Palabras veciñas

versificar | versilibrismo | versión | 1 verso | 2 verso | versor | versta