vestido -da

vestido -da

(< lat vestītu)

  1. p reg

    de vestir ou vestirse.

  2. s m [INDUM]
    1. Peza ou conxunto de pezas de roupa de diferentes materias con que se cobre o corpo.

    2. Peza exterior de vestir feminina, de diferente lonxitude e feita dunha soa peza, que cobre o tronco e as pernas.

  3. s m

    Aquilo con que se viste ou reviste algo.

Refráns

  • A capa todo tapa.
  • Adoba o teu pano e pasarás o teu ano.
  • Anque o mona se vista de seda, mona se queda.
  • Boa roupa e boa vida fan á vella garrida.
  • Boa roupa e boa vil a fan a vella garrida.
  • Cal te vexo, tal te teño.
  • Cal te vexo, tal te xulgo e tal te creo.
  • Capa, calzón e saio, dun mesmo pano.
  • Casar, a gusto; vestir, ao uso.
  • Como te vexo no fato, así te trato.
  • Composta, non hai muller fea.
  • Dáme a dama ben vestida e dareicha belida.
  • Dame a muller ben vestida, e dareicha garrida e belida.
  • O andar ben vestida fai a moza garrida.
  • O bo traxe cobre a mala Iiñaxe.
  • O bo traxe fai a señoriaxe.
  • O vestido do criado di quen é o amo.
  • O vestido do servidor di quen é o señor.
  • Os panos locen no pazo e non os fillosdalgo.
  • Polo vestido do criado ben se coñece o amo.
  • Se non miro para a vella, miro para a maxencia que leva.
  • Unha boa capa todo o tapa.
  • Viste un ladrón e parecerá un señor.

Palabras veciñas

vestiario | vestibular | vestíbulo | vestido -da | vestidura | vestimenta | vestir