vestir

vestir

(< lat vestīre)

  1. v t

    Cubrir o corpo con roupa ou outra cousa.

    Ex: Vestiu a chaqueta porque tiña frío.

  2. v t

    Levar posto un vestido determinado.

    Ex: Vestía un traxe italiano.

  3. v t

    Poñer a alguén a roupa.

    Ex: A avoa viste o neno para ir á escola.

  4. v t

    Procurar vestidos a alguén.

    Ex: Mantéñeno e vísteno.

  5. v t

    Facer ou comprar os vestidos a alguén.

    Ex: Ese é o estilista que viste os xogadores de fútbol.

  6. v t

    Revestir ou gornecer unha cousa cun material determinado para protexela ou adornala.

    Ex: Está vestindo a casa de pedra.

  7. v i

    Dar unha peza de roupa a alguén o aspecto de vestir ben ou de andar elegante.

    Ex: A garavata viste moito.

  8. v i

    Andar vestido cun estilo determinado.

    Ex: Viste de loito tras a morte do pai.

  9. v pron

    Cubrirse con roupa ou outra cousa.

    Ex: Vístese el só desde os catro anos.

Frases feitas

  • Quedar para vestir santos. Quedar solteiro.

  • Vestir camisa lavada. Pagar as débedas.

Refráns

  • A burra vella, albarda nova.
  • Arremangueime e fixen coada; non hai mellor que andar remangada para te-la roupa decote lavada.
  • Arroupame mellor, cando faga máis calor.
  • Ben estás de roupa, se non che se molla.
  • Canto ternos, ao lombo traemos.
  • Máis preto está da carne a camisa có xustillo.
  • Non déixe-Ia capa na casa por moita calor que faga.
  • O que ten mal vestir, ata a roupa lle quere fuxir.
  • Quen saiba arremangarse ten moito adiantado para gobernarse.
  • Quen se viste de ruÍn pano, dúas veces se viste ao ano.
  • Quen vexa as miñas mangas, non verá as miñas faldras.
  • Se queres vivir san, a roupa do inverno tráea no verán.

Palabras veciñas

vestido -da | vestidura | vestimenta | vestir | vestixio | Vestsjaelland | vesubiana
Conxugar
VERBO vestir
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
visto
vistes
viste
vestimos
vestides
visten
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
vestía
vestías
vestía
vestiamos
vestiades
vestían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
vestín
vestiches
vestiu
vestimos
vestistes
vestiron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
vestira
vestiras
vestira
vestiramos
vestirades
vestiran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
vestirei
vestirás
vestirá
vestiremos
vestiredes
vestirán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
vestiría
vestirías
vestiría
vestiriamos
vestiriades
vestirían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
vista
vistas
vista
vistamos
vistades
vistan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
vestise
vestises
vestise
vestisemos
vestisedes
vestisen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
vestir
vestires
vestir
vestirmos
vestirdes
vestiren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
viste
-
-
vestide
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
vestir
vestires
vestir
vestirmos
vestirdes
vestiren
Xerundio vestindo
Participio vestido
vestida
vestidos
vestidas