veto

veto

(< lat veto ‘prohibo’)

  1. s m

    Facultade dunha persoa ou dunha organización de opoñerse á adopción dunha decisión.

  2. s m [DER]

    Dereito que a constitución outorga ao cabeza do Estado de opoñerse ás leis aprobadas polo Parlamento, nos réximes parlamentarios. Pode ser absoluto, se ten como consecuencia a anulación da lei, ou suspensivo, se só pode evitar momentaneamente a súa promulgación. Neste caso, o Parlamento pode volver votala (como en EE UU) ou ben sometela a un Tribunal de Garantías Constitucionais (como en Alemaña). A Constitución Española de 1978 non o contemplou.

  3. s m [DER]

    Dereito que teñen certos estados membros de opoñerse á adopción dunha resolución, nos organismos internacionais. No Consello de Seguridade da ONU, as resolucións deben de ser adoptadas por maioría de nove votos, entre os que teñen que figurar os de EE UU, Rusia, Gran Bretaña, Francia e China, as únicas con dereito de veto.