vetón, vetoa
vetón, vetoa
(< lat Vettones)
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo vetón.
-
s
[HIST]
Individuo do pobo vetón.
-
s
m pl
[HIST]
Pobo prerromano que ocupou a zona occidental de La Meseta, entre o Duero e o Guadiana, na Península Ibérica. A súa economía foi de base gandeira. Axudaron aos lusitanos cando estes se alzaron contra a dominación romana.