vía

vía

(< lat via)

    1. s f

      Espazo habilitado para trasladarse dun lugar a outro a través del, principalmente o acondicionado para o tránsito de vehículos.

    2. vía de comunicación

      Camiño marítimo, aéreo ou terrestre que serve de transporte ou comunicación entre dous puntos.

    3. vía pública

      Lugar transitable aberto ao público.

    4. vía romana [HIST]

      calzada romana.

  1. [TRANSP]
    1. s f

      Dobre banda metálica que serve de camiño de rodamento ou de desprazamento de certos vehículos.

    2. vía férrea

      Dobre liña de carrís paralelos que serven de camiño de rodamento aos ferrocarrís. Os tres elementos constitutivos das vías, que se caracterizan polo denominado ancho de vía, son o balastro, as travesas e os carrís.

    3. vía morta

      Cada unha das vías sen saída que, nas estacións de tren, serven para apartar locomotoras ou vagóns.

  2. s f

    Conxunto de cousas iguais colocadas en fileira.

  3. s f
    1. [ANAT]

      Canle do organismo pola que circula un fluído orgánico.

      Sinónimos: conduto.
    2. [MED]

      Acceso cirúrxico dun órgano.

    3. [MED]

      Forma ou punto de introdución dun medicamento no organismo. Así, fálase de vía oral ou bucal (pola boca), vía rectal (en supositorio ou enema) e vía parenteral (por vía diferente á dixestiva ou intestinal), que pode ser intradérmica (inxectable dentro da pel), subcutánea (inxectable baixo a pel), intramuscular (inxectable no tecido muscular) ou intravenosa ou endovenosa (inxectable a través dunha vea).

  4. s f

    Actitude ou modo de comportarse dunha persoa.

  5. [DER]
    1. s f

      Procedemento xudicial.

    2. vía contenciosa

      Procedemento xudicial ante a xurisdición para o caso, en oposición ao administrativo.

    3. vía de apremio

      Procedemento xudicial que ten como fin obrigar a alguén a realizar un pago.

    4. vía executiva

      Procedemento empregado para o cobro dunha débeda, particularmente mediante tributos, multas ou outra obriga oficial na que interveñen os tribunais e que comeza co embargo dos bens do debedor.

    5. vía gobernativa

      Procedemento que se segue ao efectuar unha reclamación diante da administración, como antecedente da vía contenciosa.

    6. vía ordinaria

      Forma procesual, a máis empregada nos xuízos declarativos.

    7. vía sumaria

      Forma abreviada de xulgar os asuntos de urxencia ou de carácter posesorio.

    1. s f

      Modo ou medio que se emprega para lograr un fin.

    2. s f [RELIX]

      Cada unha das etapas ou graos da vida espiritual que percorren normalmente os místicos na búsqueda da perfección da virtude. Pódese distinguir entre a vía purgativa, caracterizada pola mortificación das tendencias pecaminosas, a iluminativa, caracterizada polo exercicio asiduo da oración, e a unitiva, propia dos perfectos que aspiran á unión con Deus.

    3. s f [RELIX/FILOS]

      Medio de reflexión que se utiliza para elevarse da consideración das cousas creadas á necesidade de existencia de Deus. Desde Tomé de Aquino distínguense cinco: a primeira parte do movemento do mundo para chegar ao motor inmóbil; a segunda, da análise da causa eficiente; a terceira, da continxencia do mundo creado; a cuarta, da consideración dos graos do ser para deducir a existencia do absoluto; e a quinta, da consideración da finalidade do mundo e en deducir a existencia dunha intelixencia absoluta.

    4. vía crucis [RELIX]

      viacrucis.

  6. prep

    A través ou por medio de.

    Ex: Voaron a Francia vía Madrid.

  7. ensaio por vía seca [QUÍM]

    Conxunto de técnicas que reúne os ensaios que se poden facer cunha mostra sólida e coa axuda dun foco enerxético, xeralmente a chama dun queimador Bunsen. Entre eles están os ensaios de coloración de chama para metais alcalinos e alcalinotérreos.

  8. gran vía [URBAN]

    Rúa de gran lonxitude e largura que se atopa en moitos núcleos urbanos. É un importante eixe de comunicacións e de atracción de actividades comerciais e de servizos.

  9. vía de auga [MAR]

    Abertura que se produce accidentalmente no casco dunha embarcación a causa dun accidente.

  10. vía metabólica [BIOQ]

    Serie de reaccións enzimáticas intracelulares consecutivas que transforman unha molécula noutra. O metabolismo celular é a suma total dun gran número de vías anabólicas ou catabólicas conectadas de tal xeito, que os produtos das vías degradadoras poden ser utilizadas para iniciar outras vías biosintéticas específicas.

Frases feitas

  • Dar vía libre. Deixar liberdade de paso ou de acción.

  • En vías de. Encamiñado cara a algo.

  • Pola vía rápida. De forma rápida.

Palabras veciñas

VHF | VHS | Vi nu | vía | Vía Digital | Vía Láctea | viábel