Vida Gallega
Revista ilustrada publicada en Vigo a partir de xaneiro de 1909. Subtitulada “Ilustración regional”, foi fundada e dirixida por Xaime Solá. De tendencia conservadora, distibuíuse en España, Portugal e América do Sur quincenalmente. Incluíu crónicas, reportaxes, entrevistas e breves ensaios elaborados por galegos emigrados. Durante a Guerra Civil, a información reduciuse ao parte oficial bélico e ao apoio ao bando franquista. Cesou en maio de 1938, e en novembro de 1954, xa falecido Solá, iniciou unha segunda época da man de Xosé Iglesias Presa, dirixida primeiro por Fabriciano F. Sierra e logo por Eduardo Torres. En novembro de 1955 trasladou a súa sede de Vigo a Lugo. En 1962 Faro de Vigo adquiriu a cabeceira, co que iniciou a súa terceira época en maio dese ano (nº 79), onde pretendeu manter o seu carácter social e costumista.