vieira
(< lat venerĭa ‘cuncha’)
-
s
f
[ANIMAL]
-
Molusco lamelibranquio de ata 15 cm de lonxitude. A valva esquerda diferénciase da dereita porque é plana e de coloración parda avermellada, mentres que a dereita é parda abrancazada con manchas pardas. Ambas as dúas son onduladas e cunha forma que lle dá aspecto de abano. Ao lado do vértice da cuncha ten unhas prolongacións simétricas coñecidas como orellas. Viven sobre a area, en augas profundas ata os 100 m, e aliméntanse de fitoplancto e partículas orgánicas en suspensión. Non están fixas a un substrato, polo que se se ven ameazadas poden desprazarse nadando mediante un rápido movemento de apertura e peche das valvas, que provoca a saída dun chorro de auga ao exterior. Tamén poden enterrarse no substrato coa axuda do sifón. Distribúnese polo Atlántico, xa que no mediterráneo está outra especie, Pecten jacobeus, coa que poden ser confundidas. Son de grande importancia comercial, especialmente en Galicia. O talle mínimo para o seu consumo é de 8 cm. Para capturala utilízanse uns rastros especiais que son remolcados polas embarcacións. En Galicia cultívase tamén de forma controlada e tarda entre dous e tres anos en acadar o tamaño comercial. É un dos moluscos máis apreciados en gastronomía.
-
Valva inferior e de forma convexa da cuncha deste molusco.
-
-
s
f
Insignia, xeralmente unha cruz, que os cabaleiros das ordes militares levan pendurada ou bordada no peito.
-
s
f
Símbolo dos peregrinos a Compostela.