Vieira Mateus da Graça, José

Vieira Mateus da Graça, José

Escritor. Coñecido como Luandino Vieira, foi un importante activista do movemento de liberación de Angola, polo que sufriu cadea. Na súa obra destacan os temas relacionados cos mestizos e cos pobres de Angola e cos suburbios de Luanda, que reflicte na obra Luuanda (1965). Emprega unha linguaxe coloquial e dialectal, pero sen esquecer as técnicas narrativas. Destacan as súas novelas A cidade e a infância (1960), Velhas histórias (1974), Nós, os de makalusu (1975) e Joâo Vêncio: os seus amores (1979).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Lagoa de Furadouro, Portugal