Vignola, Il

Vignola, Il

Arquitecto e teórico italiano. De nome Jacopo Barzzi, formouse en Boloña, baixo a influencia de Serlio. En Roma traballou (1543?) como secretario da Accademia Vitruviana e iniciou o tratado Regola delli cinque ordini d’architettura (1562). Despois dunha viaxe a Fontainebleau, en 1550 volveu a Roma, onde se converteu no herdeiro de Antonio Sangallo o Novo. Destacan, entre outras obras, o Palazzo Farnese, en Caprarola (1559), que xa comezara B. Peruzzi e continuado despois por Sangallo, e a igrexa do Gesù, en Roma (1568), modelo dos templos da Contrarreforma.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Vignola, Emilia

  • Deceso

    Lugar : Roma