Vilabade, Santa María de
Vilabade, Santa María de
Igrexa parroquial situada en Castroverde. Coñecida como A Catedral, mandouna construír Fernando de Castro en 1457 para acoller unha comunidade franciscana. Ten planta rectangular cunha soa nave, dividida en tres tramos e cuberta con bóvedas de cruzaría tripartita. O presbiterio cóbrese cunha bóveda de cinco claves. A portada principal está formada por tres arquivoltas aguzadas que se apoian en tres pares de columnas acobadeladas e imbuídas que teñen capiteis vexetais. Ante a portada construíuse un pórtico renacentista con cinco vans e frontón triangular. Foi declarada BIC en 1979.