Vilanova Rodríguez, Alberte

Vilanova Rodríguez, Alberte

Ensaísta e historiador. Militou nas Juventudes Republicanas. Tras a Guerra Civil Española dedicouse ao ensino e colaborou na revista Posío, onde elaborou a sección “Orensanos ilustres”. Despois de gañar en 1951 un concurso do Centro Galego de Bos Aires co traballo Vida y obra de Manuel Curros Enríquez (1953), viviu en Bos Aires (1954-1982). Profesor de lingua e literatura galego-portuguesa na Universidad Nacional de La Plata, desempeñou a cátedra de Cultura Gallega no Centro Lucense de Bos Aires (1956-1959). Foi catedrático de historia medieval e moderna na Universidad Nacional del Nordeste, director do Instituto de Investigaciones Históricas e catedrático de Historia Medieval e Historia de España na Universidad Nacional del Sur. Participou nos programas radiofónicos Galicia Emigrante e presidiu a comisión de Cultura do Consello de Galicia. Publicou Los gallegos en la Argentina (1966). Obtivo o Premio Nacional de Historia (1936) cun estudo sobre o padre Mariana, e o de Socioloxía cun traballo sobre Joaquín Costa.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Ourense

  • Deceso