Villa, Pancho
Villa, Pancho
Revolucionario mexicano. De nome Doroteo Arango, en 1910 apoiou a Madero contra Porfirio Díaz. Iniciou a revolta agrarista en 1913 no norte de México e aceptou o Plan de Guadalupe despois de que Victoriano Carranza se unise aos insurrectos. A súa alianza con Pascual Orozco e Emiliano Zapata permitiulle ocupar Ciudad de México. O goberno venceuno varias veces despois de que rompese a súa unión con Carranza e terminou por refuxiarse no norte onde continuou coa súa carreira de bandoleiro. Despois da caída de Carranza (1920), deixou as actividades guerrilleiras e retirouse a unha facenda ata o seu asasinato.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : San Juan del Río, Durango -
Deceso
Lugar : Parral, Chihuahua