Villalta Gómez, Luísa

Villalta Gómez, Luísa

Filóloga e violinista. Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa e Filoloxía Hispánica, obtivo o título superior de violín. Formada con destacados músicos, como V. Martín, P. Jeubert, P. Kincl e J. Sedlacek, en 1985 incorporouse á Orquestra de Santiago de Compostela e, posteriormente, á Xoven Orquestra de Galicia. Colaborou en diversas publicacións, como Agália, Grial e Luzes de Galicia con artigos sobre estética musical e escribiu os poemarios Sete haikús (1985), Música reservada (1991) e Ruído (1995); o monólogo dramático Concerto para un home só (1987) e a novela As chaves do tempo (2001).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : A Coruña

  • Deceso