Villar Otón, María Luz
Villar Otón, María Luz
Xornalista, actriz e directora teatral. Cofundadora e actriz do grupo teatral Ditea, do que foi directora adxunta desde 1974, en 1993 creou o Estudio de Artes Escénicas. A partir de 1978 exerceu de locutora radiofónica da cadea COPE en Ourense. Ademais de colaborar nalgunhas producións para televisión, como El novio de Parmuide (1987), participou en diversos filmes, como Divinas palabras (1987), Los Jinetes del Alba (1990) e Martes de Carnaval (1991). Escribiu o poemario Cauce desnudo (1974) e a escolma de artigos Ruega por nosotras (2002). Recibiu a Máscara de Oro (1972) e o Hércules de Plata (1996) polo seu labor teatral.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Madrid