Vindhya
Vindhya
Cordilleira de India central, que constitúe a escarpa meridional do altiplano de Mālvā Pathār e o límite tradicional do Deccan. Esténdese uns 1.086 km en dirección O-L desde Guajarāt, e atravesa Madhya Pradesh, ata case o Ganxes, cerca de Benarés.