Viña del Mar

Viña del Mar

Cidade do centro de Chile, na rexión de Valparaíso (338.779 h [1999]). Situada na costa do Pacífico, 7 km ao NL de Valparaíso, é o centro turístico máis importante do país. Alí celébrase o festival da canción que leva o nome da cidade.