Visconti, Luchino

Visconti, Luchino

Realizador cinematográfico. Foi axudante de dirección de Jean Renoir (1936). O seu estilo caracterízase por unha aguda sensibilidade, unha obsesión plástica pola escenografía, e o gusto polos ambientes grandiosos, barrocos e decadentes. Presenta de forma igualitaria o mundo dos marxinados sociais, os emigrantes e os que padecen, e os ambientes suntuosos, aristocráticos e refinados. Da súa extensa filmografía destacan algúns títulos da primeira época neorrealista, como La terra trema (1948, premiada en Venecia), Senso (1955), Le notti bianche (1957, premiada en Venecia) e Rocco e i suoi fratelli (1960, premiada en Venecia). A outro estilo pertencen Il Gattopardo (1965, premiada en Cannes) e Vaghe stelle dell’Orsa (1965, premiada en Venecia). Outros filmes destacados son La caduta degli dei (1969), Morte a Venezia (1971), Ritratto di famiglia in un interno (1974) e L’innocente (1976).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Milán

  • Deceso

    Lugar : Roma