Viterbo
Viterbo
Capital da provincia homónima, no Lacio, Italia (57.307 h [2001]). Está situada nunha chaira ao pé dos Cimini. Ten industria diversificada. De orixe posiblemente etrusca, despois dun dominio imperial pasou á Igrexa e, entre 1257 e 1281, foi residencia pontificia. Foi ocupada polo exército italiano en 1870. Do seu patrimonio cultural destacan as murallas medievais e a catedral.