vivace*

vivace*
  1. [MÚS]
    1. s m

      Indicación de tempo musical, nunha partitura, que prescribe que unha obra ou un fragmento sexan interpretados cun movemento vivo, superior ao allegro, pero non tan rápido coma o presto.

    2. adx

      Aplícase á indicación de tempo musical que prescribe unha interpretación máis rápida dunha obra ou dun fragmento.

  2. s m [MÚS]

    Fragmento musical que leva esta indicación.