Vladimir I de Kiev o Santo

Vladimir I de Kiev o Santo

Gran príncipe de Kiev (980-1015) e de Novgorod (972-1015). Incorporou aos seus territorios os pobos bálticos dos xatvingos e dominou a rexión do Bug setentrional. Segundo a chamada Crónica de Néstor, consentiu axudar militarmente ao Emperador Basilio II de Bizancio contra o seu rival Bardas Forcas, pero demandou en compensación a man da irmá do emperador, Ana. Os gregos, pola súa banda, esixíronlle a conversión ao cristianismo e foi bautizado en Kherson en 980, co que comezou así a cristianización de Rusia.

Cronoloxía

  • Deceso

    Lugar : Berestova