Voceiro Labrego, O
Voceiro Labrego, O
Publicación editada entre xaneiro de 1975 e novembro de 1976 como órgano de expresión das Comisións Campesiñas do Partido Comunista de Galicia. Denunciou os problemas do campo no país e contribuíu á consolidación da Coordinadora Nacional das Comisións Campesiñas en Galicia.