Vocento
Vocento
[COMUN]
Grupo empresarial de prensa de información xeral e suplementos semanais, constituído o 29 de maio de 2003 como resultado da fusión dos grupos Correo e Prensa Española, propietaria de ABC. Tivo a súa orixe no xornal El Pueblo Vasco (1910), despois fusionado con El Correo. Posteriormente constituíuse o Grupo Correo coa adquisición de El Diario Vasco (1948), El Diario Montañés (1984), La Verdad (1988), Hoy (1988), Ideal (1988), Sur (1990), La Rioja (1993), El Norte de Castilla (1994), El Comercio (1995) e La Voz de Avilés (1996), xunto á editora TESA e á axencia de noticias Colpisa.