volsco -ca

volsco -ca

(< lat Volscōro)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos volscos.

  2. s [ETN/HIST]

    Individuo do pobo volsco.

  3. s m pl [ETN/HIST]

    Pobo do Lacio, Italia, que se estableceu no s V a C na zona comprendida entre Velletri e Formia, o mar e o río Sacco. Membros da liga latina, foron sometidos a Roma no s IV a C.

  4. s m [LING]

    Lingua itálica do phylum indoeropeo que falaba o pobo volsco.