Volta

Volta

Río de África occidental, tributario do Océano Atlántico no golfo de Guinea (1.600 km). Fórmase, en Ghana, pola unión do Volta Branco, que nace en Bobo Dioulasso e segue un traxecto con cambios bruscos (SO-NL e S), e do Volta Negro, procedentes de Burkina Faso. En Ghana segue unha dirección N-S a través dunha vasta chaira cuberta de bosque no curso inferior. O seu afluente máis importante é o Oti, procedente de Togo.