Vosgos

Vosgos

Cordilleira situada ao L de Francia, paralela á beira esquerda do Rin, e estendida ao longo de 250 km en dirección SO-NL, entre o val de Saverne (ao N), o paso de Belfort (ao S), o altiplano triásico da Lorena e os outeiros arxilosos das Faucillas (ao O) e a chaira alsaciana (ao L). A erosión das augas e o alzamento alpino abriron o val do Rin, que a separa da cadea contraposta da Selva Negra. Elévase cara ao S, onde culmina a 1.424 m de altitude no ballon de Guebwiller.