Voz de Helenes, La

Voz de Helenes, La

Semanario publicado en Pontevedra entre o 5 de agosto de 1883 e o 24 de agosto de 1884 (nº 57). Subtitulado “Periódico semanal de intereses generales”, estivo fundado e dirixido por Francisco Portela Pérez. De carácter cultural e independente, incluíu artigos, folletíns, bibliografías e colaboracións literarias. Foi substituído por El Noticiero Gallego.