Voz de Mondoñedo, La

Voz de Mondoñedo, La

Semanario publicado en Mondoñedo entre 1903 e 1921. Fundado por Dodolino Trigo, comezou sendo liberal e defensor da política de Montero Ríos. Pasou a mans de Edesio Mancebo (1919) e, finalmente, de Constantino Sánchez, polo que se converteu en voceiro dun político local. Incluíu tamén colaboracións literarias.