Voz del Agro, La

Voz del Agro, La

Semanario publicado en Chantada a partir de 1928. Cesou o 13 de setembro de 1931 (nº 131). Subtitulado “Semanario independente”, o seu fundador e propietario foi Xesús F. Taboada e estivo dirixido por Benito Rivadulla. Defensor dun agrarismo técnico e conservador, tivo varias reaparicións e cambios de orientación. Interrompido pola Ditadura de Primo de Rivera, reapareceu en abril de 1929 como El Agro, e pasou a editarse en Palas de Rei. En 1930 volveu a Chantada cunha orientación republicana e autonomista, e foi voceiro da ORGA. Incluíu colaboracións literarias relacionadas co nacionalismo galego e o agrarismo.