Voz do Pobo, A

Voz do Pobo, A

Publicación editada en Santiago de Compostela a partir do 30 de agosto de 1969. Non cesou antes de 1978. Subtitulada “Órgao do Partido Comunista de Galicia”, do que foi voceiro, a partir de 1977 incluíu a tira cómica “O fillo de Breogán”, de Pepe Carreiro.