Voz Pública, La
Voz Pública, La
[PUBLIC]
Xornal publicado en Ourense a partir do 31 de outubro de 1915. Cesou en xaneiro de 1918. Subtitulado “Diario de Orense”, foi dirixido por Francisco Álvarez de Nova, quen apoiou as campañas liberais e agraristas. Rival do periódico conservador El Diario de Orense, ocupouse da información local e comarcal, e incluíu colaboracións de Vicente Risco e Arturo Noguerol.