valeriana
valeriana
(< lat tardío valeriana
s
f
[PLANTA]
Planta herbácea perenne, de ata 1,5 m de altura, cun rizoma curto e fibroso e follas opostas, pinnaticompostas ou pinnatisectas, de 5-25 folíolos. As flores son pequenas, sésiles, tubulosas de cor rosa pálida ou abrancazada, dispostas en corimbos densos e apicais. O froito é un aquenio oblongo-ovado con vilano. Florece entre a primavera e o verán en bosques e zonas húmidas e pódese atopar en altitudes que van desde o nivel do mar ata os 2.000 m, no N da Península Ibérica e sistemas montañosos do centro. En Galicia atópase fundamentalmente en zonas do interior. Emprégase coma planta medicinal polas súas propiedades sedantes e hipnóticas. OBS: Tamén se denomina herba bendita.