Valeriana

Valeriana
[PLANTA]

Xénero de plantas herbáceas perennes e rizomatosas, da familia das valerianáceas, que está representado por unhas 200 especies con ampla distribución nas rexións temperadas, subtropicais e tropicais. En Galicia están presentes diversas especies, entre elas V. officinalis, V. pyrenaica, V. dioica e V. montana.