xemelgo -ga

xemelgo -ga

(< lat gemellu)

  1. adx e s [BIOL]

    Aplícase aos dous ou máis individuos nados nun mesmo parto. Os xemelgos poden ser idénticos ou univitelinos, e fraternos ou bivitelinos. Os xemelgos idénticos proceden da fecundación dun só óvulo por un espermatozoide. O cigoto formado escíndese nas primeiras fases do desenvolvemento e orixina máis dun embrión de xenotipos idénticos. Os xemelgos fratrenos proceden da fecundación de diversos óvulos por outros tantos espermatozoides. Os xenotipos non son neste caso máis semellantes nin máis diferentes ca os doutros irmáns nados en partos separados.

  2. adx

    Qué é igual a outra cousa co que forma parella ou conxunto.

  3. s f [TECNOL]

    Peza que artella o bastidor cun dos extremos da bésta de suspensión dun vehículo.

  4. s f [HERÁLD]

    Cada unha das faixas reducidas que se colocan de dúas en dúas deixando entre elas un espazo igual que o campo.

  5. palabras xemelgas [LING]

    Recurso expresivo con finalidade intensificativa, cuñado por Morawski, que consiste en repetir dúas palabras ou secuencias fónicas. Diferénciase entre fórmulas aliteradas (marimacho), cando as dúas palabras teñen unha semellanza fonética e conteñen, case sempre, unha idea significativa común; apofónicas (tris tras), cando difiren nun fonema vocálico; xeminadas (dálle dálle), cando son unha repetición pura e simple da mesma palabra; e rimadas (tiquis miquis), cando se diferencian mutuamente por un fonema consonántico.

Palabras veciñas

Xema Galgani, santa | xemación | xémaro -ra | xemelgo -ga | xemelgos | Xemelgos | xemer