xenartro -tra

xenartro -tra

(< gr ξένος ‘estraño’ +άρϴρον ‘articulación’)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos xenartros.

  2. s m [ANIMAL]

    Mamífero da orde dos xenartros.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Orde de mamíferos que se caracterizan por ter nas últimas vértebras dorsais e nas lumbares apófises laterais accesorias que orixinan articulacións especiais accesorias, denominadas articulacións xenartrais. A orde está integrada por especies actuais e fósiles, de aspecto moi heteroxéneo. Todas presentan unhas unllas grandes e robustas, aptas para escavar, pendurarse ou gabear, unha cavidade cranial pouco ampla e unha mandíbula en forma de V. Son de marcha plantígrada e teñen a dentadura reducida, como consecuencia da especialización do seu réxime alimentario. Considéraselles mamíferos arcaicos, restos dun grupo moi ben representado na fauna terciaria e cuaternaria de América. As súas especies actuais habitan en América do Sur e Central, e no S dos EE UU.

Palabras veciñas

xenar | Xenaro, san | Xenaro/Xenara | xenartro -tra | xenciana | xencianáceo -a | xencianal