Xenaro/Xenara
Xenaro/Xenara
[ONOM]
Antropónimo procedente do italiano Gennaro, do latín Ianuarius ‘xaneiro’, que se lles aplicaba aos nenos nacidos nese mes. A forma latina procede da expresión ianuarius mensis, mes consagrado ao deus Xano, o primeiro no calendario de Numa Pompilio, e que marcaba o paso dun ano para outro. Presenta a variante Xaneiro.