Xoán Bautista, san

Xoán Bautista, san

Profeta, fillo de Zacarías e santa Isabel. Coñecido como o Precursor, vivía austeramente no deserto de Xudea onde predicaba ao pobo a conversión. Segundo o Evanxeo de Lucas, naceu pouco antes que Xesús e comezou a predicar no ano 27 ou 28. O baño de auga no Xordán, acompañado dunha confesión dos pecados, era signo de perdón e compromiso da vida nova. Bautizou a Xesús e proclamouno mesías. Denunciou a unión incestuosa de Herodes Antipas e Herodías polo que o prenderon e, a petición de Salomé, foi decapitado. É o primeiro santo da xerarquía católica. Aparece representado en dúas series iconográficas: unha de neno e outra como adulto, vestido cunha pel de camelo (na arte oriental) ou de carneiro (na arte occidental). Nalgúns casos leva a súa cabeza nunha bandexa. Os seus atributos persoais son o año crucífero, a cruz de canas con bandeiriña e nesta a lenda Ecce agnus Dei. Soe aparecer co dedo índice erguido en sinal da súa misión de anunciador. A súa festa celébrase o 24 de xuño.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : a C