Xudea
Xudea
Rexión histórica do S de Palestina, entre o Mar Morto e o Mar Mediterráneo, que foi constituída como unha provincia autónoma polos xudeus, ao regreso do seu exilio en Exipto. Desde o ano 44 formou parte de Galilea e, convertida en provincia romana en 66, foi anexionada á provincia de Siria en 135 e pasou a denominarse Siria-Palestina. A parte occidental foi incluída no Estado de Israel desde 1949, mentres que a oriental, anexionada por Xordania (1950), foi ocupada militarmente polos israelís en 1967.