Zanjón, Paz de

Zanjón, Paz de

Tratado asinado o 10 de febreiro de 1878 en Zanjón (Camagüey, Cuba) entre os insurrectos cubanos e o capitán xeneral de Cuba, A. Martínez de Campos. Outorgaba aos nacionalistas un indulto, unha certa autonomía administrativa e a posibilidade de enviar deputados ás Cortes.

Palabras veciñas

Zanín | Zanjān | Zanjān | Zanjón, Paz de | Zante | Zanuck, Darryl Francis | Zanuso, Marco