zen

zen

(

s m [RELIX]

Forma xaponesa da escola budista chinesa Chan, introducida en Xapón polo monxe Eisai (1191) e perfeccionada polo monxe Dogen (1277). Rexeita a especulación, a argumentación e a teorización e preocúpase unicamente da iluminación interior (satori). Para dispoñerse a recibila, sérvese de dous medios principais: o dos kōan (cuestións paradoxais e aparentemente absurdas) e o do zazen ou meditación tranquila. SIN: 3cen.