zenāta*
zenāta*
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo zenāta.
-
s
[ETN/HIST]
Individuo do pobo zenāta.
-
s
m pl
[ETN/HIST]
Tribo bérber norteafricana. Maioritariamente nómades, foron islamizados coa expansión musulmá no Magreb (s VII) e un gran número estableceuse na Península Ibérica desde a formación de Al-Andalus. Durante as loitas califais, que conduciron ao afundimento do Califato de Córdoba (s XI), loitaron ao lado de Sulaymān al-Musta’in e máis tarde conseguiron o goberno de diversas taifas andalusís.