Zille, Heinrich

Zille, Heinrich

Fotógrafo, pintor e realizador cinematográfico alemán. Estudou na Hochschule Bildende Künste de Berlín (1872-1874), onde aprendeu as técnicas da augaforte, as tintas e o gravado. Retratou temas costumistas, fotos familiares e paisaxes cun toque humorístico e naturalista. Aplicou os negativos sobre cristal e combinou fotografías, achegándose á caricatura. Publicou os seus traballos en Simplicissimus, Jugend e Die lustigen Blätter e dirixiu o filme Die da Unten.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Radeburg

  • Deceso

    Lugar : Berlín