zócolo
zócolo
(< lat soccŭlu,diminutivo de soccu ‘zoco’)
-
s
m
[ARQUIT]
Membro arquitectónico saínte no pé dunha parede ou dun piar, baixo a base dunha columna, dunha estatua ou doutro elemento.
-
s
m
[CONSTR]
-
Corpo inferior do exterior dun edificio e doutras construcións que compensa o desnivel e as irregularidades do terreo e permite elevar o baseamento a un mesmo nivel.
-
Revestimento feito con materiais resistentes, como pinturas duras de aceite, madeira ou mármore, que se coloca na parte baixa dalgunhas paredes para protexelas das rozaduras dos mobles. SIN: rodapé.
Sinónimos: rodapé.
-
-
s
m
[XEOL]
Substrato rochoso, máis antigo e menos plástico ca a cobertura, que contén rochas que moi a miúdo sufriron diversas fases de dobramento e fracturación antes da sedimentación da cobertura.