zodíaco
(
-
s
m
[ASTRON/ESOT]
Banda da esfera celeste que ten unha amplitude de 17° e está atravesada lonxitudinalmente pola eclíptica, que a divide en dúas metades iguais. O Sol percorre a eclíptica completamente en 12 meses, e por iso os antigos consideraban o zodíaco dividido en 12 rectángulos, coñecidos co nome de signos zodiacais e denominados Aries, Tauro, Xémini, Cáncer, León, Virgo, Libra, Escorpión, Saxitario, Capricornio, Acuario e Pisces. As estrelas que están dentro de cada signo foron agrupadas en constelacións, as constelacións e os signos que as conteñen foron bautizados cos mesmos nomes, pero esta correspondencia, que tiña lugar en tempos de Hiparco, xa non se lle dá actualmente, porque, por efecto da precesión dos equinoccios, cada signo contén a constelación anterior. A pesar diso, na práctica mantense a afirmación que o Sol entra no signo de Capricornio, cando realmente o astro está dentro da constelación de Saxitario. As crenzas astrolóxicas, que foron as primeiras en introduciren o concepto de zodíaco, empréganse como base para os horóscopos.
-
s
m
Gráfica circular onde están representados os signos zodiacais.