Zulia

Zulia

Estado do NO de Venezuela (63.100 km 2; 2.983.679 h [2001]). A capital é Maracaibo. Limita ao N co mar das Antillas, ao L cos estados de Falcón, Lara e Trujillo, ao S cos de Mérida e Táchira e ao O con Colombia. Formado polas terras que rodean o lago de Maracaibo, é unha extensa depresión, enmarcado polas serras do arco andino: ao O, a serra de Perija, e ao L, a Cordillera de Mérida. É o máximo produtor de petróleo de Venezuela. Practícase a agricultura, a gandaría (gando bovino e cabrún), a pesca e a explotación forestal.