zulú

zulú
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos zulús ou á súa lingua.

  2. s [ETN]

    Individuo do pobo zulú.

  3. s m pl [ETN]

    Pobo bantú dun grupo nguni que habita en Natal, especialmente en Zululandia (República Sudafricana). Dedícanse á cría de bois (os homes) e á agricultura (as mulleres), e traballan maioritariamente nas propiedades dos brancos.

  4. s m [LING]

    Lingua bantú do phylum níxer-congo que fala o pobo bantú. A súa semellanza co xosa fai que se consideren un único idioma, o xosa-zulú, aínda que os autóctonos os consideren por separado.